SALA DE PRENSA

O XVIII Premio Aresa decidirase entre un total de 14 candidaturas
14/11/2017

 
A edición de 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, conta cun total de 14 candidaturas entre empresas, asociacións e traballos de I+D+i vinculados ao medio rural.

Tras rematar o prazo para a presentación de propostas a finais do mes de outubro, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela presenta os catorce  candidatos a conseguir o galardón deste ano.

     1)   Kalekói

2)   Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia.

3)   Adega Algueira

4)   Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)

5)   Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

6)   Asociación de Criadores de Raza Porco Celta (ASOPORCEL)

7)   Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo

8)   Hortícolas Javier Miranda

9)   Finca Villadangos

10) Traballo de I+D+i : Optimización do proceso de fermentación de mostos de uvas de mesa brancas e tintas con gránulos de kéfir para a produción de bebidas funcionais. Presentado por Nelson Pérez Guerra e José Manuel Domínguez González, profesores do departamento de Química Analítica e Alimentaria da Facultade de Ciencias de Ourense. UVigo

11) Vinagres do Ribeiro

12) Traballo de I+D+i : Elaboración de aceites monovarietais de sementes de vide, procedentes de residuos vitivinícolas industriais das variedades brancas de albariño, caíño branco e loureira. Presentado polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)

13) Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo

14) Candidatura que solicita o anonimato da súa participación

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

Será un xurado especializado o que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora no vindeiro mes de decembro. O Premio Aresa 2017 está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros.

Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa, homenaxeado pola CEL
27/10/2017

A Confederación de Empresarios de Lugo celebrou onte un acto polo seu 40 aniversario, no que se puxo en valor o traballo de todos estes anos, se abordaron os retos pendentes e se entregou a insignia de ouro da entidade a catro exdirectivos, entre eles, Álvaro Rodríguez Eiras, o seu primeiro presidente, Jesús Quintá, Carmen Castelao e David García Vilela, xa falecido.

Rodríguez Eiras agradeceu o recoñecemento e subliñou que “tan valiosa como esta medalla que recibo é a satisfacción que me produce ter contribuído á fundación desta organización, que perdurou estes 40 anos”.

Dedicou unhas palabras ao resto dos homenaxeados e rematou a súa intervención amosando a súa preocupación polos problemas no seo da Organización e facendo un chamamento á responsabilidade de todos os empresarios de Galicia para “facer todo o posible por solucionar as desavenencias e poder recuperar o normal funcionamento da Confederación para que poida seguir desenvolvendo as funcións para as que foi creada, como son a representación e a defensa dos empresarios de Galicia”. 

Este venres finaliza o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Aresa
25/10/2017

O tempo para concorrer ao XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural chega ao seu fin, o prazo para o rexistro das propostas rematará este vindeiro venres ás 14:00 horas.

 

 

O galardón foi convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa a mediados do mes de setembro e premiará como cada ano, entre todas as presentadas, a iniciativa ou o proxecto que mellor contribúa á xeración de riqueza e emprego nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro co obxectivo de mellorar o benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

 

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e será un xurado especializado o que examine todas as candidaturas e dea a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar dos vindeiros meses.

As bases seguen dispoñibles na web www.premioaresa.com.

Últimos días para concorrer ao XVIII Premio Aresa
18/10/2017

 

 

O vindeiro venres 27 de outubro remata o prazo para a presentación de candidaturas á edición de 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa. 

 

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

As bases están dispoñibles nesta ligazón e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais dos campus universitarios de Lugo (no Edificio dos Servizos Centrais) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 h do venres 27 de outubro.

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e será un xurado especializado o que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar, nalgún momento dos dous primeiros meses do próximo ano.

Entrevista a Carlota López, adxunta á dirección en Aresa
26/09/2017

 

Carlota López Pardo, adxunta á dirección en Aresa, fai nesta entrevista de La Voz de Galicia un repaso pola situación actual do ámbito agrícola e gandeiro, polas principais liñas de negocio da empresa e debuxa un futuro moi esperanzador para o campo.

A entrevista ao completo

Aresa e a USC poñen en marcha a edición 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
13/09/2017

 

O reitor Juan Viaño e o presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron este mércores o convenio de colaboración que pon en marcha a edición do ano 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. No acto celebrado no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago de Compostela tamén estivo presente o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema.

A sinatura protocolaria do acordo inicia os preparativos dunha nova convocatoria deste recoñecido galardón co que Aresa e a USC premiada cada ano aquelas iniciativas e proxectos presentados por empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outro tipo de entidade que contribúa á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural.

Os asinantes coincidiron en sinalar a relevancia acadada por este galardón, que “superou as expectativas dos seus promotores en canto ao seu asentamento e recoñecemento pola sociedade galega, alcanzando grande importancia tanto polos currículos dos premiados como pola súa dotación económica”, como explicou Juan Viaño. O premio constitúe igualmente “un bo exemplo de colaboración entre empresa e universidade”, engadiu o reitor.

Pola súa banda, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, apuntou a necesidade de seguir apoiando este tipo de proxectos para optimizar o rendemento do campo e o desenvolvemento da economía do rural galego. Como explicaron logo da sinatura protocolaria deste convenio, na avaliación das candidaturas, o xurado prestará especial atención aos proxectos que xeren valor engadido e emprego no rural galego. Prestarase especial atención á viabilidade económica, a creación de postos de traballo, a posta en valor dos produtos da terra de tradición galega, a recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais e a innovación en produtos que teñan potencial de desenvolvemento.

A presentación de candidaturas pode realizarse dende hoxe mesmo ata o 27 de outubro nos rexistros da USC.

Bases reguladoras

Premiados en anteriores edicións

Todos os premiados e premiadas dende 2000, data da primeira edición do premio, teñen en común á súa contribución á xeración de riqueza e emprego no entorno rural, a posta en valor dos produtos da terra, a innovación ou a recuperación de certos sectores agrícolas ou gandeiros.

Na traxectoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP TerneraGallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro-labranza’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010), a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011) ou a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) (2016).

Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012),  Alibós Galicia, que foi a gañadora da edición de 2013, e a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, que recibiu este galardón na súa edición de 2014. O grupo empresarial galego Agroamb, que atopa a súa sede empresarial no concello lugués de Castro de Rei, resultou merecedor do premio na edición de 2015.

O acto, en vídeo

Veterinaria conta dende hoxe coa nova Aula Aresa
16/03/2017

Esta mañá a Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolleu o acto de inauguración da Aula Aresa. Un acto que foi presidido polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina Pernas e o fundador e presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras.

No trascurso do evento, Germán Santamarina agradeceu a implicación de Aresa coa Universidade e subliñou que “este novo espazo será adicado a todo tipo de actividades docentes e académicas como clases, lecturas de traballos fin de grado e teses, cursos desenvoltos por empresas ou departamentos da propia Facultade, conferencias etc.”

Este proxecto, enmarcado entre as necesidades reestructurais desta facultade, responde tal e como sinalou Santamarina a “adaptar os espazos á tipoloxía e metodoloxía de ensinanza esixida polo Espazo Europeo de Educación Superior”.

Pola súa banda, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, agradeceu as palabras do decano así como a colaboración da Facultade de Veterinaria neste proxecto e salientou que esta nova achega do grupo á Universidade responde “ao compromiso que Aresa ten coa Universidade, en especial co Campus Terra, co fin de apoiar a investigación de novas iniciativas e proxectos que contribúan ao desenvolvemento e progreso do sector agrogandeiro”.

Finalmente, Javier Bueno clausurou o acto agradecendo a intensa e constante colaboración de Aresa co labor docente e investigador, “un apoio que comezou xa hai 17 anos co inicio do Premio Aresa e que continúa enriquecéndose con moitas máis iniciativas coma esta”.

 

A inauguración en vídeo

 

A GALA DE ENTREGA DO XVII PREMIO ARESA, XA EN VÍDEO
08/02/2017

 

 

O XXVII Premio Aresa de desenvolvemento rural, impulsado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, foi entregado o pasado venres á Asociación de ovino e caprino de Galicia, Ovica, nunha gala celebrada no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus lucense. Compartimos os vídeos correspondentes á entrega do galardón nas seguintes ligazóns.

Cerimonia de entrega. Parte I

Cerimonia de entrega. Parte II

OVICA RECOLLE O XVII PREMIO ARESA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
03/02/2017

María do Carmen Fernández Carreira, presidenta de Ovica, recibiu esta noite no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus lucense o galardón, impulsado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e polo Grupo Aresa e dotado con 10.000 euros e unha placa conmemorativa.  

 

A cerimonia do Premio Aresa, que congregou personalidades dos eidos social, económico, político e cultural, foi presidida polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, ao que acompañaron o fundador e presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; o relator invitado este ano, Francisco Sineiro, e José Manuel Panete, conselleiro delegado de Calfensa e membro do xurado desta edición.

 

Sineiro, experto en desenvolvemento rural, exconselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia e actualmente profesor de Economía Agraria na Universidade de Santiago de Compostela, foi o encargado de ofrecer a lección maxistral “O sector lácteo galego no mercado global”.

 

Seguidamente á conferencia tivo lugar a entrega do galardón por parte do reitor e mais do presidente de Aresa, quen destacou da asociación gañadora que “realiza un gran labor á hora de loitar contra a despoboación do medio rural, permitir o aproveitamento dos nosos recursos facendo posible a conservación dos espazos naturais e qarantir a produción de calidade de carne de ovino e cabrún”.

 

Valores que tamén puxo de relevo o reitor da USC ao remarcar “a capacidade integradora de Ovica, unha asociación que medrou confiando nos recursos da terra e garantindo unha excelente prestación de servizos especializados aos seus socios”. Viaño fixo especial fincapé no compromiso desta asociación coa innovación tecnolóxica, como o proban as súas colaboracións en proxectos de investigación coa Campus Terra da USC e co Centro Tecnolóxico da Carne. Tamén destacou o labor de formación continua desenvolvido por Ovica coa organización de xornadas técnicas e o acollemento de estudantes universitarios para a realización de prácticas durante os seu estudos.

 

A Asociación de Ovino y Caprino de Galicia, Ovica, foi creada en 1994 por 13 produtores de gando ovino e cabrún para a defensa dos  intereses dos seus socios no conxunto de Galicia. Na actualidade conta con 174 socios, o seu volume produtivo é superior ás 27.000 cabezas e entre os seus obxectivos figuran a estruturación e o desenvolvemento do sector a través de entidades asociativas que afiancen a sanidade e o apoio técnico, a posta en común de solicitudes de axudas e a promoción e comercialización dos seus produtos.

 

O xurado tivo en conta para facer a Ovica merecedora deste premio a súa especial contribución para xerar riqueza nos ámbitos agrícola e gandeiro, facer posible a sustentabilidade desta actividade na nosa contorna e crear a marca de garantía colectiva Pastores de Galicia.

 

Outro dos aspectos, como adiantou o reitor, foi o acerto desta asociación ao implicarse co Campus Terra na investigación e o desenvolvemento da súa actividade.

 

O voceiro de Ovica, Diego Fernández González, agradeceulles aos membros do xurado a entrega deste décimo sétimo Premio Aresa, un recoñecemento que  “fai posible que o noso colectivo sexa hoxe un pouco máis visible”. O representante de Ovica lembrouse dos fundadores da Asociación como piares fundamentais de todo o camiño percorrido ata o de agora e adiantou os principais obxectivos polos que apostarán no futuro, entre os que subliñou: “A necesidade de mellorar a formación das novas xeracións para obter cordeiros, cabritos e las da mellor calidade, creando unha escola de pastores en Galicia e regulando a docencia para obter o carné profesional de esquilador de ovellas, así como a aposta decidida pola marca de produción e distribución Pastores de Galicia, que nos identifique e diferencie no mercado como merecemos”.

 

O palmarés do Premio Aresa

Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DO Queixo San Simón da Costa (2014)  e Agroamb (2015).

 

En cumplimiento de la Ley 34/2002 de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio electrónico (LSSI-CE) , ofrecemos a nuestros clientes, usuarios y visitantes en general la siguiente información:

El titular del sitio www.premioaresa.com es Álvaro Rodríguez Eiras SL con CIF B27015304, con domicilio social en Avda. Madrid, 187, 27002 Lugo.

Para contactar puede hacerlo a través de los teléfonos o correo electrónicos que aparecen en la sección Contacto.

Protección de Datos
Los datos recibidos solo serán archivados si la reserva es firme,  pueden ser utilizados para hacerle llegar futuras promociones y ofertas.

En cumplimiento de la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Caracter Personal, podrá en todo momento ejercer derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición, comunicándolo a la dirección arriba indicada.

TRATAMIENTO DE LOS DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Álvaro Rodríguez Eiras, S.L., inscrita en el Registro Mercantil de Lugo, Folio 234, Tomo 68, Libro 19 de Sociedades Limitadas, Hoja 1342, de nacionalidad española con CIF: B27015304 y domicilio social en Avenida de Madrid, 187 Bajo, 27002 Lugo, es la titular del web site www.aresa-agricola.com.

De acuerdo con la normativa vigente en materia de protección de datos así como en materia de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, el usuario acepta que los datos personales aportados en el momento de su registro, o cualquier otro facilitado a Álvaro Rodríguez Eiras, S.L.  para su acceso a algunos de los servicios del web site, sean incorporados a ficheros titularidad de esta empresa, con la finalidad de facilitar la prestación de los servicios solicitados, para la correcta identificación de los usuarios que solicitan servicios personalizados en www.aresa-agricola.com, para la realización de estudios estadísticos de los usuarios registrados en www.aresa-agricola.com, que permitan diseñar mejoras en los servicios prestados, para la gestión de tareas básicas de administración, así como para mantenerle informado, bien por correo electrónico bien por cualquier otro medio, de novedades, productos y servicios relacionados con Álvaro Rodríguez Eiras, S.L.,  o con terceras empresas colaboradoras. En el caso de comunicaciones comerciales a través de correo electrónico o medio equivalente, el usuario presta su consentimiento expreso para el envío de publicidad a través de dicho medio. Asimismo, el usuario presta su consentimiento para que Álvaro Rodríguez Eiras, S.L. ceda sus datos  al resto de empresas colaboradoras, con la única finalidad de mejorar la prestación de los servicios pactados, respetando, en todo caso, la legislación española sobre protección de los datos de carácter personal.

Álvaro Rodríguez Eiras, S.L. se compromete al cumplimiento de su obligación de secreto de los datos de carácter personal y de su deber de tratarlos con confidencialidad, y asume, a estos efectos, las medidas de índole técnica, organizativa y de seguridad necesarias para evitar su alteración, pérdida, tratamiento o acceso no autorizado, de acuerdo con lo establecido en la Ley Orgánica 15/1999 de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y demás legislación aplicable.

El usuario responderá, en cualquier caso, de la veracidad de los datos facilitados, reservándose Álvaro Rodríguez Eiras, S.L. el derecho a excluir de los servicios registrados a todo usuario que haya facilitado datos falsos, sin perjuicio de las demás acciones que procedan en Derecho.

Cualquier usuario registrado puede en cualquier momento ejercer el derecho a acceder, rectificar y, en su caso, cancelar sus datos de carácter personal suministrados, mediante petición escrita dirigida a Álvaro Rodríguez Eiras, S.L., Avenida de Madrid, 187 Bajo, 27002 Lugo.