SALA DE PRENSA

A D.O.P. Queixo San Simón da Costa gaña o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
10/12/2014

O xurado outorgou este mércores o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural á Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa, quedando como finalista do mesmo a Casa Grande de Xanceda.

Tal e como explicou o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, escolleuse como gañadora esta candidatura “pola capacidade de ter unido a 11 fabricantes que eran competencia entre eles e poñela en valor conseguindo aumentar a súa produción”. Tamén valorou o xurado o aproveitamento que fai da materia prima autóctona galega, o leite, e de promover a industria de transformación de produtos galegos.

Este candidato foi elexido entre outros nove semifinalistas entre os que se atopaban tres empresas, tres traballos de investigación, dúas asociacións e unha cooperativa. Dos nove presentados, dous solicitaron manter a confidencialidade na súa candidatura.

A Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón agrupa a 11 queixerías cunha producción media anual de 400.000 kg, o que reduce os problemas asociados á comercialización de leite líquido á vez que xera un considerable valor engadido.

A zona de produción do leite apto para a elaboración destes queixos está constituída pola área xeográfica da Terra Chá, que engloba aos concellos de Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza. Trátase dunha zona cunha longa tradición na fabricación de queixos, onde o sector lácteo supón unha parte moi importante na economía da zona. Un sector lácteo composto fundamentalmente por gando vacún das razas Rubia Galega, Pardo-Alpina, Frisona e dos diversos cruces destas.

Esta D.O. contou co recoñecemento nacional e internacional da calidade do seu produto, recibindo numerosos premios. Recentemente foi recoñecido cunha medalla de prata e dúas de bronce nos premios World Cheese Awards. O labor desenvolvido coincide plenamente co obxectivo do premio xa que contribuíu de forma decisiva a mellora da economía rural da Terra Chá da provincia de Lugo.

O gañador foi presentado esta mañá nas instalacións do Vicerreitorado da USC polos membros do xurado, que este ano estivo composto polo Reitor da USC, Juan Viaño Rey; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo, e o director do Campus da Alimentación da Universidade de Barcelona, Marius Rubiralta Alcañiz.

O xurado tamén tivo palabras de loubanza para a outra empresa que foi finalista ata o último momento, a Casa Grande de Xanceda. Creada en 2002, trátase dunha granxa familiar de vacas que producen leite ecolóxica. Ten unha fábrica de iogures e quesos e outros produtos lácteos ecolóxicos que comercializan baixo a súa propia marca. Conta con 380 vacas e 200 hectáreas de pastos en Mexía, na provincia da Coruña. Actualmente, conta con 30 traballadores e produce 2,5 millóns de iogures ao ano. A visitan 15.000 persoas ao ano y é moi activa nas redes sociais.

Entre os candidatos presentados figura tamén a empresa Pablo Núñez Torrijo, que se dedica á producción e comercialización de produtos agrícolas seguindo os métodos tradicionais e ecolóxicos en Pedrafita do Cebreiro.

Vicogalo é unha sociedade cooperativa produtora de Galo Celta. Naceu no 2011 co obxectivo de asociar aos produtores inscritos no rexistro galego de explotacións de avicultura artesanal para garantir unha produción de Galo Celta para ser competitivos no mercado.

Afammer Galicia (Asociación de familias e Mulleres do Medio Rural de Galicia) é outra das finalistas. Esta asociación foi creada no 2001 e está presente nas catro provincias galegas. O seu obxectivo é promover a mellora e defensa da vida económica, social e cultural das mulleres rurais con actividades.

Tamén se presentaron tres proxectos de investigación: Un estudo de viabilidade da producción de semilla pratense por parte de Delagro Sociedad Cooperativa, a cargo de Adrián Varela Pérez; o de Ramón Fuentes Colmeiro, que propón un modelo de explotación agrícola sostible, e o de Iolanda Otero Barroso, que investiga un sistema de control dos cultivos durante todas as súas fases de desenvolvemento.

A contía do premio, de 10.000 euros, convirte a esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Ademais, este ano, ofrecerase de novo a posibilidade á empresa gañadora de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.

Nove proxectos compiten polo XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
05/12/2014

El jurado del Premio Aresa de Desarrollo Rural preseleccionó un total de nueve proyectos entre todos los presentados a la XV edición del certamen, que competirán por el galardón, que se fallará el próximo día 10 de diciembre.

En una primera fase, el jurado hizo una preselección entre los presentados para escoger aquellos proyectos que se ajustaban a las bases presentadas este año. De los nueve proyectos presentados, dos solicitaron confidencialidad.

Dos empresas compiten este año por el Premio Aresa. La primera es Pablo Núñez Torrijo, que se dedica a la producción y comercialización de productos agrícolas siguiendo los métodos tradicionales y ecológicos en Pedrafita do Cebreiro. Cuenta con una finca arrendada de 40 hectáreas de monte vecinal, así como invernaderos experimentales de productos hortícolas.

La otra empresa que entra en la selección es Casa Grande de Xanceda. Creada en 2002, se trata de una granja familiar de vacas que producen leche ecológica. Tiene una fábrica de yogures y quesos y otros productos lácteos ecológicos que comercializan bajo su propia marca. Cuenta con 380 vacas y 200 hectáreas de pastos en Mexía, en la provincia de A Coruña. Actualmente, cuenta con 30 trabajadores y produce 2,5 millones de yogures al año. La visitan 15.000 personas al año y es muy activa en las redes sociales.

Vicogalo, la tercera candidata, es una sociedad cooperativa productora de Galo Celta. Nació en el 2011 con el objetivo original de asociar a los productores inscritos en el registro gallego de explotaciones de avicultura artesanal para garantizar una producción de Galo Celta para ser competitivos en el mercado. Trabajan con la raza de gallina de Mos. El proyecto Galo Celta, impulsado por David Sueiro Quinteiro, presidente de Vicogalo) forma parte del I Programa de Emprendemento Agroalimentario de la Fundación Juana de Vega y su central está en Villa de Cruces.

Afammer Galicia (Asociación de familias y Mujeres del medio Rural de Galicia) es otra de las finalistas. Esta asociación fue creada en el año 2001 y está presente en las cuatro provincias gallegas e integrada en AFAMMER España. Su objetivo es promover el avance y defensa de la vida económica, social y cultural de las mujeres rurales con actividades de formación, empleo, participación en programas de igualdad o servicios sociales.

También se presentan tres proyectos de investigación: Un estudio de viabilidad de la producción de semilla pratense por parte de Delagro Sociedad Cooperativa, a cargo de Adrián Varela Pérez; el de Ramón Fuentes Colmeiro, que propone un modelo de explotación agrícola sostenible, y el de Iolanda Otero Barroso, que investiga un sistema de control de los cultivos durante todas sus fases de desarrollo.

Para hacer una valoración ecuánime de los nueve candidatos de este año, un comité de expertos analiza estos días todos los proyectos para emitir un resultado objetivo, que será valorado por el jurado antes de emitir el mismo, que está previsto para el día 10 de diciembre.

La cuantía del premio, de 10.000 euros, convierte a esta convocatoria en una de las más relevantes del sector. Además, este año se volverá a ofrecer la posibilidad a la empresa ganadora de solicitar asesoramiento y ayuda para el desarrollo del proyecto.

Últimos quince días de prazo para presentarse á XV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
15/10/2014

A Universidade de Santiago e o grupo empresarial Aresa manteñen aberto ata o 31 de outubro o prazo de participación na XV edición do Premio de Desenvolvemento Rural. Este ano, o premio ábrese a novas categorías para chegar a todas as iniciativas en favor do rural.

Os subsectores agrogandeiros, tanto os tradicionais como aqueles que teñen actualmente potencial de desenvolvemento, serán os protagonistas desta décimo quinta edición. De feito, o xurado valorará novamente nos candidatos a viabilidade económica, a creación de emprego e a posta en valor dos produtos da terra. Pero ademais teranse en conta aqueles proxectos que supoñan a recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais que teñen potencial, do mesmo xeito que aqueles que supoñan innovación de produtos, métodos produtivos, etc.

Como novidade engadida, este ano tamén poderán optar ao premio aquelas iniciativas empresariais que aínda están en fase de proxecto, xa que ata de agora aceptábanse unicamente proxectos xa iniciados ou asentados. Tamén poden optar ao premio, como en anos anteriores, aqueles traballos de I+D+i que sexan orixinais e que teñan aplicación práctica para o desenvolvemento rural.

O Premio Aresa manterá deste xeito o seu obxectivo orixinario que segue a ser atopar un proxecto representativo que mellore a calidade de vida e o benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

Nesta XV edición do Premio Aresa as candidaturas faranse públicas novamente co obxectivo de dar a coñecer ao público en xeral os proxectos que hai en marcha en Galicia para que podan conseguir o respaldo de empresas ou institucións. As redes sociais utilizaranse para este labor, xa que na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/Premio.Aresa) poderán consultarse os proxectos que se vaian presentando, así como as distintas particularidades do Premio. As bases poden consultarse xa na web oficial, www.premioaresa.com.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 31 de outubro e a selección do gañador realizarase no mes de decembro, como ven sendo habitual, antes do Nadal. O ámbito de actuación ábrese a toda Galicia polo que están invitadas a participar todas as empresas, persoas e institucións vinculadas co emprendemento e a investigación no sector agrogandeiro galego. A presentación de candidaturas levarase a cabo nas oficinas de Rexistro dos campus da USC.

A contía do premio segue a ser de 10.000 euros, o que convirte a esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Este ano, ademais, ofrecerase a posiblidade á empresa gañadora de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.

Continúa aberto o prazo de presentación de candidatos á XV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
09/09/2014

A Universidade de Santiago e o grupo empresarial Aresa manteñen aberto ata o 31 de outubro o prazo de participación na que xa é a XV edición do Premio de Desenvolvemento Rural. Este ano, o premio ábrese a novas categorías de participación para chegar a todas as iniciativas en favor do rural.

Os subsectores agrogandeiros, tanto os tradicionais como aqueles que teñen actualmente potencial de desenvolvemento, serán os protagonistas desta décimo quinta edición. De feito, o xurado deste ano valorará novamente nos candidatos a viabilidade económica, a creación de emprego e a posta en valor dos produtos da terra. Pero ademais teranse en conta aqueles proxectos que supoñan a recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais que teñen potencial, do mesmo xeito que aqueles que supoñan innovación de produtos, métodos produtivos, etc.

A segunda novidade desta edición será que tamén poderán optar ao premio aquelas iniciativas empresariais que aínda están en fase de proxecto, xa que ata de agora aceptábanse unicamente proxectos xa iniciados ou asentados. Tamén poderán optar ao premio, como en anos anteriores, aqueles traballos de I+D+i que sexan orixinais e que teñan aplicación práctica para o desenvolvemento rural.

O Premio Aresa manterá deste xeito o seu obxectivo orixinario que segue a ser atopar un proxecto representativo que mellore a calidade de vida e o benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

Nesta XV edición do Premio Aresa as candidaturas faranse públicas novamente (a no ser que o candidato exprese o seu desexo concreto de privacidade) co obxectivo de dar a coñecer ao público en xeral os proxectos que hai en marcha en Galicia para que podan conseguir o respaldo de empresas ou institucións.

As redes sociais utilizaranse para este labor, xa que na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/Premio.Aresa) poderán consultarse os proxectos que se vaian presentando, así como as distintas particularidades do Premio. As bases poden consultarse xa na web oficial, www.premioaresa.com.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 31 de outubro e a selección do gañador realizarase no mes de decembro, como ven sendo habitual, antes do Nadal. O ámbito de actuación ábrese a toda Galicia polo que están invitadas a participar todas as empresas, persoas e institucións vinculadas co emprendemento e a investigación no sector agrogandeiro galego. A presentación de candidaturas levarase a cabo nas oficinas de Rexistro dos campus da USC.

A contía do premio segue a ser de 10.000 euros, o que convirte a esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Este ano, ademais, ofrecerase a posiblidade á empresa gañadora de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.

Os subsectores agrogandeiros serán os protagonistas da XV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
28/07/2014

A Universidade de Santiago e o grupo empresarial Aresa puxeron en marcha este luns a XV edición do Premio de Desenvolvemento Rural coa presentación das bases e a apertura do prazo de presentación de candidaturas. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, destacaron neste acto as novidades que presentan as novas bases do galardón e que pasan, entre outras, por ampliar a posibilidade de presentación de candidaturas ás iniciativas empresariais en fase de proxecto.

Os subsectores agrogandeiros, tanto os tradicionais como aqueles que teñen actualmente potencial de desenvolvemento, serán os protagonistas desta décimo quinta edición. De feito, o xurado deste ano valorará novamente nos candidatos a viabilidade económica, a creación de emprego e a posta en valor dos produtos da terra. Pero ademais teranse en conta aqueles proxectos que supoñan a recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais que teñen potencial, do mesmo xeito que aqueles que supoñan innovación de produtos, métodos produtivos, etc.

A segunda novidade desta edición será que tamén poderán optar ao premio aquelas iniciativas empresariais que aínda están en fase de proxecto, xa que ata de agora aceptábanse unicamente proxectos xa iniciados ou asentados. Tamén poderán optar ao premio, como en anos anteriores, aqueles traballos de I+D+i que sexan orixinais e que teñan aplicación práctica para o desenvolvemento rural.

O Premio Aresa manterá deste xeito o seu obxectivo orixinario que segue a ser atopar un proxecto representativo que mellore a calidade de vida e o benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

O presidente de Aresa fixo referencia a este cambio nas bases explicando que “nesta ocasión queremos dar un paso máis no proceso de modernización das nosas bases facendo fincapé nos subsectores agrarios e gandeiros porque teñen moito que ofrecer na actualidade polo traballo que se está a realizar en mateira de innovación e desenvolvemento”.

Pola súa banda, o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, salientou a importancia que ten o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural para a USC, ao tempo que reiterou o seu agradecemento aos promotores. Bueno Lema tamén destacou que “o Premio Aresa é un bo exemplo do que debe e pode ser a colaboración entre a Universidade e o tecido empresarial”.

Nesta XV edición do Premio Aresa as candidaturas faranse públicas novamente (a no ser que o candidato exprese o seu desexo concreto de privacidade) co obxectivo de dar a coñecer aos medios de comunicación os proxectos que hai en marcha en Galicia para que podan conseguir o respaldo de empresas ou institucións. As redes sociais utilizaranse para este labor, xa que na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/Premio.Aresa) poderán consultarse os proxectos que se vaian presentando, así como as distintas particularidades do Premio. As bases poden consultarse xa na web oficial, www.premioaresa.com.

Nesta ocasión o prazo de presentación de candidaturas rematará o 31 de outubro e a selección do gañador realizarase no mes de decembro, como ven sendo habitual, antes do Nadal. O ámbito de actuación ábrese a toda Galicia e durante estes días invitarase a participar no Premio Aresa mediante carta a todas as empresas e institucións vinculadas co emprendemento e a investigación no sector agrogandeiro galego.

A contía do premio segue a ser de 10.000 euros, o que convirte a esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Este ano, ademais, ofrecerase a posiblidade á empresa gañadora de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.

Un ano máis, Álvaro Rodríguez Eiras, animou a todos a participar neste Premio para dar relevancia á actividade investigadora e empresarial vinculada ao eido rural, “que segue a ser un pilar fundamental para a economía galega”.

Premiados nas edicións anteriores

Na traxectoria deste galardón, creado en 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010) e a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011).

Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012) ou Alibós, que foi a gañadora da última edición.

A USC e Aresa convocan a XV edición do Premio de Desenvolvemento Rural
21/07/2014

A Universidade de Santiago e o grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa asinaron este luns o convenio que pon en marcha a décimo quinta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Como é tradicional, a sinatura deste acordo desenvolveuse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome da man do reitor Juan Manuel Viaño Rey e do presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras.

O premio diríxese a apoiar aquelas iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas que traballan no medio rural galego fundamentándose na creación de emprego, na viabilidade económica dos proxectos e na valorización dos produtos da terra. Ademais, ábrese tamén a posibilidade de presentar candidaturas de iniciativas que se atopen en fase de proxecto.

O presidente de Aresa explicou no acto de sinatura do convenio que se manterá a contía do premio, dotado con 10.000 euros, e as finalidades e obxectivos de sempre, aínda que “esta convocatoria suporá un paso máis na procura de apoiar a innovación e o emprendemento no eido do medio rural, e en especial, en subsectores de tradición en Galicia ou que teñan un potencial de desenvolvemento”. Na mesma liña, o reitor Viaño cualificou o premio, á vista dos seus resultados, de “exemplo magnífico da colaboración entre a universidade e a empresa”.

Premiados nas edicións anteriores

Na traxectoria deste galardón, creado en 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010) e a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011).

Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012) ou Alibós, que foi a gañadora da última edición.

A USC e Aresa firman o 21 de xullo o convenio para a posta en marcha da XV edición do premio de Desenvolvemento Rural
18/07/2014

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, e o presidente do grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinan este luns, 21 de xullo, ás 12.00 horas, no salón reitoral do Colexio de San Xerome de Santiago, o convenio para a convocatoria e posta en marcha do XV Premio Aresa de Densenvolvemento Rural.

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado conxuntamente no ano 2000 polo citado grupo empresarial de subministros agrogandeiros e a institución académica compostelá, naceu coa pretensión de favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no medio rural.

Dotado con 10.000 euros en metálico e un diploma de mérito para a candidatura gañadora, o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recoñece e distingue aqueles proxectos, persoas, institucións e/ou empresas que destacan por contribuír de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícolas e/ou gandeiros.

Este premio, que xa vai pola súa décimo quinta convocatoria, está aberto á participación de empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outra entidade que contribúa ao desenvolvemento da economía rural galega.

A empresa de Monterroso Alibos recibiu o venres o XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
03/02/2014

O xerente de Alibos Galicia, S.L., Jesús Quintá, foi o encargado de recibir de mans do presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o galardón que convirte a esta empresa de Monterroso na gañadora da XIV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

O acto de entrega celebrouse este venres, ás 20:00 horas, no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long, que estivo acompañado pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e José Mouriño Cuba, en representación do xurado.

O Premio Aresa, dotado con 10.000 euros, é un dos premios máis relevantes do sector e reúne todos os anos ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital. Entre os asistentes estivo tamén o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e a delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias, entre outros.

Nesta ocasión, o acto de entrega contou coa intervención especial de Carlos del Álamo Jiménez, presidente de Tecnoma e exconselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que foi membro do xurado do Premio este ano e que fixo unha reflexión sobre a nova PAC, o capital natural e os servizos ambientais.

Esta conferencia foi complementada pola intervención do xerente de Alibos, que, unha vez recibido o premio, fixo un percorrido pola historia da castaña e a situación actual do sector.

Pola súa banda, o xurado, da man de José Mouriño Cuba, fixo tamén una valoración da concesión do premio ao gañador e un percorrido polos catorce anos de historia do Premio, lembrando a todos aqueles que recibiron o galardón.

O presidente de Aresa avanzou ante os presentes que para a seguinte edición do Premio haberá novos cambios na organización, dos que dixo que aínda están en proceso de desenvolvemento, asegurando que “modificaremos as bases para que, no sucesivo, atendamos non só aos proxectos que xa son realidade, senón tamén a aqueles que están sen desenvolver e que se axustan aos obxectivos que temos desde o principio, e que son a creación de emprego e de riqueza para o medio rural”.

Trala intervención da conselleira de Medio Rural e do Mar, o reitor da USC pechou o acto destacando que o Premio Aresa “afonda no compromiso da USC coa súa contorna e presenta o Campus Terra como unha estratexia de futuro para o campus universitario de Lugo”. Casares salientou que o Campus Terra constitúe unha iniciativa integradora, na que teñen cabida todas as áreas do coñecemento, e que está aberta á suma das achegas e á participación de particulares e empresas, entidades e institucións preocupadas pola valorización do medio rural e polo aproveitamento sustentable dos recursos naturais”.

Como sempre, ao finalizar o acto, serviuse un viño de honra, acompañado dun aperativo no que a castaña foi o produto estrela.

Alibos Galicia

Alibos Galicia dedícase desde 1968 á elaboración de castaña pelada e conxelada fundamentalmente. De feito, procesa en fábrica máis de 6.000 toneladas ao ano, das que 5.000 se destinan ao consumo humano e o resto son para a alimentación de porcos da categoría Selecta de Coren.

No ano 2010 iniciaron o Proxecto Soutos, a través dun convenio firmado coa Deputación Provincial de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende revalorizar o medio rural galego facendo rendibles os soutos, os bosques autóctonos, ao mesmo tempo que se loita co despoboamento rural.

A través deste proxecto, Alibos firma un contrato cos propietarios dos soutos para proporcionarlles un servizo integral, desde o asesoramento antes da plantación ata a comercialización, pasando polas fases intermedias de plantación profesional e recollida mecanizada. Nestes tres anos, xa son 225 as hectáreas incluídas nese proxecto, 200 de nova plantación e 25 de recuperación do souto.

O proxecto culmina coa creación dun viveiro de castaños para froito e unha empresa, Soutos Sativa, para asesorar desde antes da plantación ata a venda de produto final. Tamén está involucrada no proxecto ‘Integra Castanea’, que ten por obxectivo estudar e mellorar a polinización, micorrización e recollida mecanizada de castañas.

Premiados nas edicións anteriores

Na traxectoria deste galardón, creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001, polo seu estudo sobre os valores biolóxicos da Serra do Courel), a Aula de Produtos Lácteos (ano 2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores do premio foron a industria cárnica Novafrigsa (2000), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a empresa Ingapan (2009) ou a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010).

A título individual tamén recibiron este recoñecemento o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003), e os impulsores da queixería Casa Macán (2007). Na edición de 2011 premiouse a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’. O último premio recaeu sobre a empresa Champivil, unha sociedade familiar fundada en Vilalba e dedicada á elaboración e comercialización dun amplo abano de produtos agroalimentarios.

Alibos recibirá este venres o XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
28/01/2014

A empresa de Monterroso Alibos Galicia recibirá este venres, día 31 de xaneiro, o XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural na gala de entrega, que se celebrará, como todos os anos, no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

O acto de entrega, que estará presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, dará comezo ás 20:00 horas. Ademais do acto de entrega do galardón, os asistentes poderán escoitar a conferencia que ofrecerá Carlos del Álamo Jiménez, presidente de Tecnoma y exconselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, co título ‘A nova PAC, o capital rural e os servizos ambientais’.

Como sempre, ao finalizar o acto, servirase un viño de honra, no que estarán invitados a participar todos os asistentes. A entrega do Premio Aresa é un dos actos máis importantes de Lugo e reúne ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital. De feito, todos os anos complétase o aforo deste marco universitario.

Alibós foi a gañadora da XIV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, tal e como decidiu o xurado no  mes de decembro. Así, recibirá 10.000 euros e unha praca conmemorativa do Premio no acto do venres.

A empresa, presidida por Jesús Quintá García, reúne na súa candidatura os tres rasgos principais para recibir este premio, tal e como se recollía nas bases deste ano, o fomento do emprego, a súa viabilidade e a posta en valor dos produtos da terra. Certamente, os máis de 40 anos de crecemento sostido desta empresa avala a primeira esixencia, o mesmo que fan os 130 postos de traballo que xera en tempada e a posta en valor dun produto tan galego como é a castaña.

Alibos dedícase desde 1968 á elaboración de castaña pelada e conxelada fundamentalmente. De feito, procesa en fábrica máis de 6.000 toneladas ao ano, das que 5.000 se destinan ao consumo humano e o resto son para a alimentación de cerdos da categoría Selecta de Coren.

No ano 2010 iniciaron o Proxecto Soutos, a través dun convenio firmado coa Deputación Provincial de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende revalorizar o medio rural galego rentabilizando os soutos, os bosques autóctonos, ao mesmo tempo que se loita co despoblamento rural.

A través deste proxecto, Alibos firma un contrato cos propietarios dos soutos para proporcionarlles un servizo integral, desde o asesoramento antes da plantación ata a comercialización, pasando polas fases intermedias de plantación profesional e recollida mecanizada. Nestes tres anos, xa son 225 as hectáreas incluídas nese proxecto, 200 de nova plantación e 25 de recuperación do souto.

O proxecto culmina coa creación dun viveiro de castaños para froito e unha empresa, Soutos Sativa, para asesorar desde a preplantación ata a venda de produto final. Tamén está involucrada no proxecto ‘Integra Castanea’, que ten por obxectivo estudar e mellorar a polinización, micorrización e recollida mecanizada de castañas.

Alibos obtén o XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
02/01/2014

 A empresa de Monterroso Alibos Galicia é a gañadora da XIV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, tal e como decidiu o xurado na reunión mantida esta mañá na sede da Vicerreitoría do campus de Lugo. O premio, dotado con 10.000 euros, entregarase o 31 de xaneiro na Facultade de Veterinaria.

A empresa presidida por Jesús Quintá García reúne na súa candidatura os tres rasgos principais para recibir este premio, tal e como se recollía nas bases deste ano, o fomento do emprego, a súa viabilidade e a posta en valor dos produtos da terra. Certamente, os máis de 40 anos de crecemento sostido desta empresa avala a primeira esixencia, o mesmo que fan os 130 postos de traballo que xera en tempada e a posta en valor dun produto tan galego como é a castaña.

Alibos dedícase desde 1968 á elaboración de castaña pelada e conxelada fundamentalmente. De feito, procesa en fábrica máis de 6.000 toneladas ao ano, das que 5.000 se destinan ao consumo humano e o resto son para a alimentación de cerdos da categoría Selecta de Coren.

No ano 2010 iniciaron o Proxecto Soutos, a través dun convenio firmado coa Deputación Provincial de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende revalorizar o medio rural galego rentabilizando os soutos, os bosques autóctonos, ao mesmo tempo que se loita co despoblamento rural.

A través deste proxecto, Alibos firma un contrato cos propietarios dos soutos para proporcionarlles un servizo integral, desde o asesoramento antes da plantación ata a comercialización, pasando polas fases intermedias de plantación profesional e recollida mecanizada. Nestes tres anos, xa son 225 as hectáreas incluídas nese proxecto, 200 de nova plantación e 25 de recuperación do souto.

O proxecto culmina coa creación dun viveiro de castaños para froito e unha empresa, Soutos Sativa, para asesorar desde a preplantación ata a venda de produto final. Tamén está involucrada no proxecto ‘Integra Castanea’, que ten por obxectivo estudar e mellorar a polinización, micorrización e recollida mecanizada de castañas.

O xurado da edición número XIV do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural estivo formado polo Reitor da USC, Juan Casares Long, e o presidente de Aresa, ÁlvaroGalicia para o abastecemento da industria farmacéutica europea, a cargo de Geneaqua, S.L.; o da veterinaria María Aurora Estrada Fernández, co que pretende a identificación animal por ADN como base para que os produtos cárnicos acaden a trazabilidade total, aumentando deste xeito a seguridade alimentaria; o estudo de Marcos Vázquez Marey sobre as casas de labanza galegas, e o proxecto Viñas Atlánticas, un aplicativo web que se concibe como unha ferramenta ideada para combatir enfermidades propias dos viñedos e axudar a optimizar a aplicación de produtos fitosanitarios.

Rodríguez Eiras asegurou que “un ano máis queda claro que existe unha gran calidade no nosos emprendedores e que son moitos os proxectos que acadan un aproveitamento dos nosos produtos dun xeito exitoso”. Pola súa banda, Casares tamén tivo palabras de agradecemento para o presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, “o mecenas deste galardón, que simboliza o mellor do espírito do empresariado e que contribúe a facer país”.

“Esta página web puede usar cookies. Las cookies de este sitio web se usan para personalizar el contenido y los anuncios, ofrecer funciones de redes sociales y analizar el tráfico. Además, compartimos información sobre el uso que haga del sitio web con nuestros proveedores, fabricantes, etc., quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso que haya hecho de sus servicios. Usted acepta nuestras cookies si continúa utilizando nuestro sitio web.
Una “cookie” es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo y, dependiendo de la información que contengan y de la forma en que utilice su equipo, pueden utilizarse para reconocer al usuario.
Las cookies nos ayudan a mejorar la calidad de nuestra web, ya que nos permite controlar qué páginas encuentran nuestros usuarios útiles y cuáles no.

¿QUÉ TIPOS DE COOKIES EXISTEN?

Según la entidad que las gestione:
Cookies propias: son aquellas que se envían al equipo terminal del usuario desde un equipo o dominio gestionado por el propio editor y desde que se presta el servicio solicitado por el Usuario.
Cookies de terceros: son aquellas que se envían al equipo terminal del Usuario desde un equipo o dominio que no es gestionado por el editor, sino por otra entidad que trata los datos obtenidos a través de las cookies.
Según su finalidad:
Cookies técnicas: son aquellas que permiten o facilitan al Usuario la navegación a través de la página web y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan, como identificar la sesión o recordar contraseñas.
Cookies de análisis: son aquellas que, bien tratadas por nosotros o por terceros, nos permiten cuantificar el número de usuarios y así realizar la medición y análisis estadístico de la utilización que hacen los usuarios del servicio ofertado. Para ellos se analiza su navegación en nuestra página web con el fin de mejorar la oferta de productos o servicios que le ofrecemos.




Según el plazo de tiempo que permanecen activadas:
Cookies de sesión: son cookies temporales que permanecen en el archivo de cookies de su navegador hasta que abandone la página web, por lo que ninguna queda registrada en el disco duro del usuario. La información obtenida por medio de estas cookies sirve para analizar las pautas de tráfico de la web. A la larga, esto nos permite proporcionar una mejor experiencia para mejorar el contenido y facilitar su uso.
Cookies permanentes: son almacenadas en el disco duro y nuestra web las lee cada vez que el usuario realiza una nueva visita. Una cookie permanente puede ser accedida y tratada durante un periodo definido por el responsable de la cookie, después de esa fecha dejará de funcionar.

La ley afirma que podemos almacenar cookies en su dispositivo si son estrictamente necesarias para el funcionamiento de esta página. Para todos los demás tipos de cookies necesitamos su permiso.

Esta página utiliza tipos diferentes de cookies. Algunas cookies son colocadas por servicios de terceros que aparecen en nuestras páginas.

En cualquier momento puede cambiar o retirar su consentimiento desde la Declaración de cookies en nuestro sitio web.

Obtenga más información sobre quiénes somos, cómo puede contactarnos y cómo procesamos los datos personales en nuestra Política de privacidad”.

Su estado actual: Permitir todas las cookies.
Dar consentimiento     Cambiar su consentimiento     Retirar su consentimiento

POLITICA DE PRIVACIDAD EN LA WEB

Esta Política de privacidad cubre lo que recopilamos y cómo usamos, divulgamos, transferimos y almacenamos su información.

1. Identidad de nombre de la  empresa
Si tiene alguna pregunta sobre esta Política de privacidad, puede comunicarse con nosotros utilizando la información a continuación.
Datos de la empresa:

Álvaro Rodríguez Eiras SL
CIF B27015304
Domicilio social: Avda. Madrid, 187, 27002 Lugo.

2. ¿Qué  información  recopilamos?
Puede visitar nuestro sitio de forma anónima.
Si opta por registrarse en nuestro sitio web, se procesarán varias categorías de datos de usted y en su nombre:
"Datos de la cuenta"
Cuando registre una cuenta en nuestro sitio, realice un pedido, se suscriba a nuestro boletín o responde a una encuesta, se recopilan los datos de contacto básicos, como la dirección de correo electrónico y el nombre de su persona de contacto, nombre de la empresa, dirección, número de teléfono, CIF, idioma y moneda de preferencia, cualquier número de orden de compra, cualquier dirección de correo electrónico de los receptores de la factura y datos enmascarados de la tarjeta de crédito o de la cuenta bancaria.
"Datos de configuración"
 Cuando un Usuario final envía un consentimiento desde sus sitios web, los siguientes datos se registran automáticamente:
El número de IP del usuario final en forma anónima
La fecha y hora del consentimiento.
Agente de usuario del navegador del Usuario final.
La URL desde la cual se envió el consentimiento.
El estado de consentimiento del Usuario final, que sirve como prueba de consentimiento.
La clave y el estado de consentimiento también se guardan en el navegador como prueba de consentimiento.

3. Base  jurídica

3.1. Reglamento general de protección de datos de la UE (GDPR)
El procesamiento de sus datos se basa en su consentimiento o en caso de que el procesamiento sea necesario para la ejecución de un contrato del que usted sea parte, o para tomar medidas cuando lo solicite antes de celebrar un contrato (véase GDPR art. 6(1)(a)-(b)).
Si el procesamiento se basa en su consentimiento, puede retirar su consentimiento en cualquier momento poniéndose en contacto con nosotros.

3.2. Integridad
Para garantizar la integridad, todos los tránsitos de datos están encriptados para alinearlos con las mejores prácticas para proteger la confidencialidad y la integridad de los datos.

3.3. Confidencialidad
Todo el personal está sujeto a la confidencialidad total y debe firmar un acuerdo de confidencialidad.

3.4. Transparencia
Nuestra empresa le mantendrá informado en todo momento acerca de los cambios en los procesos para proteger la privacidad y la seguridad de los datos, incluidas las prácticas y políticas. En cualquier momento puede solicitar información sobre dónde y cómo se almacenan, protegen y utilizan los datos.

3.5. Aviso de violación de datos personales
En el caso de que sus datos se vean comprometidos, nuestra empresa le notificará a usted y a las autoridades supervisoras competentes en un plazo de 72 horas por correo electrónico con información sobre el alcance de la violación, los datos afectados, cualquier impacto en el servicio y el plan de acción con las medidas para proteger los datos y limitar cualquier posible efecto negativo en los interesados.
La "infracción de datos personales" hace referencia a una violación de la seguridad que conduce a la destrucción, pérdida, alteración, divulgación no autorizada o acceso, accidental o ilegal, a los datos personales transmitidos, almacenados o procesados relacionados con la prestación del Servicio.

4. Enlaces   a   terceros
Ocasionalmente, y en base a nuestro criterio, podemos incluir u ofrecer productos o servicios de terceros en nuestro sitio web. Estos sitios de terceros tienen políticas de privacidad independientes. Por lo tanto, no asumimos ninguna responsabilidad por el contenido y las actividades de estos sitios web vinculados. No obstante, buscamos proteger la integridad de nuestro sitio web y agradecemos cualquier comentario sobre estos sitios.

5. Solicitud  de   rectificación,  restricción   o   borrado   de   los   datos   personales
5.1. Rectificación
En cualquier momento puede obtener, sin demoras injustificadas, una rectificación de los datos personales inexactos que le conciernan.

5.2. Eliminación
Usted puede, sin demoras injustificadas, solicitar el borrado de los datos personales que le conciernen.





6. Retención  de  datos
6.1. Política de retención de datos
Los datos de la cuenta se mantendrán por las reglamentaciones tributarias durante un máximo de cinco años fiscales completos a partir de la cancelación de su cuenta de Servicio.
Los datos de configuración y los datos generados por el sistema se borrarán inmediatamente cuando cancele la cuenta del Servicio.
Los datos del usuario final se borrarán de forma continua después de 12 meses a partir del registro, e inmediatamente después de cancelar la cuenta del Servicio.

7. Su  consentimiento
Al usar nuestro sitio, usted acepta esta Política de privacidad.

8. Cambios   en  nuestra   Política   de   privacidad
Si decidimos cambiar nuestra Política de privacidad, publicaremos esos cambios en esta página o actualizare