SALA DE PRENSA

O XVI PREMIO ARESA É PARA AGROAMB
23/12/2015

 

 

 

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e Aresa xa ten gañador desta edición, Agroamb, un grupo empresarial con sede en Castro de Rei que leva 15 anos dedicado ao tratamento de residuos biodegradables e á súa valorización como fertilizantes.

 

O xurado, integrado polo reitor da USC, Juan Viaño Rey; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; Javier Guitián Martínez, catedrático de Saúde Pública Veterinaria no Royal Veterinary College da Universidade de Londres; Jesús Quintá García, xerente de Alibós Galicia, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, reuniuse esta mañá para avaliar as nove candidaturas presentadas e deu a coñecer o nome do galardoado nunha conferencia de prensa celebrada no vicerreitorado lucense.

O vencedor foi elixido por unanimidade pola súa capacidade innovadora, pois trátase da primeira empresa de Galicia autorizada pola Administración para a xestión integral dos residuos orgánicos na agricultura, ámbito no que se erixe líder na comunidade; procesa e recicla máis de 250.000 toneladas ao ano.

Tamén se valorou a xeración de postos de traballo, 38 directos e máis de 150 indirectos, e a diversificación da súa actividade a través de novas iniciativas empresariais relacionadas coa explotación en común da terra con 150 ganderías para o cultivo de millo e forraxes en 600 ha, coa prestación de todo tipo de servizos agrícolas ou coa loxística de colectores, por exemplo.

Outros aspectos determinantes no seu nomeamento foron a súa internacionalización, iniciada no Paraguai, e o seu investimento en I+D+i, en colaboración coas universidades galegas.

Viaño subliñou que “o labor desenvolvido por esta empresa coincide plenamente co obxectivo do Premio, xa que contribúe de forma decisiva á mellora da economía rural da Terra Chá”. Ademais, segundo indicou Eiras, galardoárono “non polo que ten feito, que ten feito moito, senón polas expectativas que abre fronte ao futuro, porque teñen multitude de proxectos, todos sobre o campo galego e sobre o campo lucense, dignos de axuda”

Agroamb será dotado con 10.000 euros e recibirá o seu diploma e os honores correspondentes nunha gala que terá lugar o 22 de xaneiro de 2016 no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Así mesmo, os membros do xurado destacaron a calidade dos outros concorrentes: as empresas Caurelor, Vilaberries SAT e Kalekói SL, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia e os proxectos de marmelada e pemento prefritido de Pemento de Herbón, valorización do monte veciñal en man común de Carballo (Friol), transformación e posta en valor de terreos rurais en desuso e mais de creación dunha cooperativa agraria no Corgo.

 

Vídeo da conferencia de prensa

 

 

ÚLTIMOS DÍAS PARA CONCORRER AO XVI PREMIO ARESA
27/10/2015

 

Este venres remata o prazo de presentación de candidaturas á edición de 2015 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa. 

 

O galardón está dirixido a entidades, empresas, grupos de investigación ou persoas cuxas iniciativas contribúan á mellora do medio rural galego. Teñen cabida tres tipos de propostas con aplicación práctica no sector primario: proxectos de actividade empresarial, actividades empresariais innovadoras e traballos de I+D+i. 

Os aspirantes deberán entregar a documentación correspondente nos rexistros dos campus universitarios de Lugo (no Edificio da Biblioteca Intercentros) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 h deste venres 30 de outubro.

Un xurado especializado analizará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora durante a segunda quincena de decembro.

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros.  

 

BASES REGULADORAS

ABERTA A PARTICIPACIÓN NO XVI PREMIO ARESA
01/10/2015

 

 

 

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Grupo Aresa recibirán ata o 30 de outubro as candidaturas á edición de 2015 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

 

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, presentaron esta mañá as bases da nova convocatoria deste galardón co que os dous organismos veñen apoiando dende hai anos as iniciativas que contribúen á mellora do medio rural galego. O acto desenvolveuse na fábrica de envasado de fertilizantes que ten Aresa no concello de Rábade.

Poderán optar ao Premio Aresa entidades, empresas, grupos de investigación ou persoas que compartan o interese polo progreso e pola innovación do sector primario e o traballo neste ámbito. O xurado valorará especialmente nas propostas aspectos coma a viabilidade económica, a xeración de riqueza e emprego no agro e a posta en valor da produción da terra.

Os aspirantes deberán entregar o seu proxecto e a documentación correspondente nos rexistros dos campus universitarios de Lugo ou de Santiago de Compostela antes das 14.00 h do 30 de outubro deste ano.

O gañador, cuxa identidade se fará pública durante a segunda quincena de decembro, será recompensado cunha dotación de 10.000 euros.

O Grupo Aresa

Aresa é un grupo empresarial familiar con máis de 40 anos de traxectoria, dedicado á distribución de fertilizantes, pensos e outros produtos para a agricultura e gandería. Conta con 50 empregados e unhas instalacións de 15.000 m2 situadas en Lugo e Begonte, ademais de no municipio rabadense.

A empresa matriz, Aresa, xunto coa súa empresa participada Soaga, é líder na cornixa cantábrica e en Galicia, Castela e Portugal, comercializando anualmente 300.000 toneladas de fertilizantes. Dentro desta ampla oferta destaca o famoso Fertimón, así como a liña de fertilizantes especiais Fertiland, deseñada para o fertilizado de praderías, milleirais, viñedos e patacas.

Recentemente creáronse outras firmas para satisfacer todas as necesidades da xente do rural: Todocampo, cadea de tendas de produtos para a agricultura, a gandería, a xardinería e as mascotas, e Cecoagro, de fabricación de alimentos para o gando e animais de compañía, e un importante mercado de plásticos de agricultura, sementes e fitosanitarios.

O volume de facturación conxunto de Aresa e de Soaga aproxímase aos 200 millóns de euros. 

 

BASES DO XVI PREMIO ARESA  

VÍDEO DA CONFERENCIA DE PRENSA  

ÁLBUM DE FOTOS

 

USC E ARESA RECOMPENSARÁN PROXECTOS QUE ENRIQUEZAN O CAMPO
08/07/2015

 

 

 

Ambas institucións selaron hoxe un acordo na capital galega para activar o XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

 

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron esta mañá no salón reitoral do Colexio de San Xerome un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar conxuntamente a edición de 2015 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Acompañounos no acto o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema.

Con esta firma inícianse os preparativos dunha nova convocatoria deste galardón co que a USC e Aresa veñen recoñecendo aquelas iniciativas que contribúen á mellora do medio rural, promovidas por entidades, empresas, grupos de investigación ou persoas que comparten o interese polo progreso e a innovación do sector primario e o traballo neste ámbito.

Así, no palmarés do Premio Aresa figuran o profesor Javier Guitián, a Aula de Productos Lácteos ou a Facultade de Veterinaria, dentro do eido universitario; personalidades coma Xosé Manuel Rodríguez Silva, ex-director xeral de Agricultura da Comisión Europea; firmas coma Ingapan, Champivil ou Alibós; consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, coma a IXP Ternera Gallega e as DO Ribeira Sacra e Queixo San Simón da Costa; e modelos de asociacionismo, como a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega ou a SAT Montes de Trabada, entre outros.

Moitos dos distinguidos teñen en común a xeración de riqueza e emprego na agricultura e na gandería, unha prioridade nos tempos que corren, tal como sinalou o presidente de Aresa: “A idea da que parte este premio está máis de actualidade que nunca, xa que 2015 foi declarado Ano Internacional dos Solos para chamar a atención sobre a súa saúde, o seu manexo e a súa fertilización eficiente, en aras dunha maior produtividade”. Neste sentido, Eiras apuntou a necesidade de ofrecer solucións tecnolóxicas e industriais para optimizar o rendemento do agro e, en consecuencia, favorecer o benestar da poboación do rural, aspecto que constitúe un piar para o Grupo e que se valorará especialmente nas propostas.

En opinión de Juan Viaño, este premio constitúe “un bo exemplo de colaboración entre empresa e universidade, compromiso que xa acada os dezaseis anos de convocatorias consecutivas”. A súa traxectoria “superou as expectativas dos seus promotores en canto ao seu asentamento e recoñecemento pola sociedade galega, alcanzando grande importancia tanto polos currículos dos premiados como pola súa dotación económica”.

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e xa goza de tradición e peso en Galicia, vantaxes ás que se suma a existencia dun xurado profesional no que teñen tomado parte reitores de distintas universidades cunha orientación agraria, coma, por exemplo, as de Barcelona, Córdoba, Salamanca ou Trás-os-Montes e Alto Douro, o que lles outorga prestixio e unha gran difusión aos proxectos gañadores.

As bases presentaranse oficialmente en Lugo no mes de setembro, momento no que se abrirá o prazo de recepción das candidaturas.

 

ÁLBUM DE FOTOS

 

O II PREMIO ARESA JÚNIOR DE DESENVOLVEMENTO RURAL RECAE NUN PROXECTO SOBRE O COMPORTAMENTO DOS SOLOS
26/06/2015

 

  

 

O traballo de investigación realizado por un grupo de alumnas de centros de ensino de Ames, Guitiriz, Ribadeo e Vigo durante o III Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo foi distinguido hoxe polo grupo Aresa entre un total de 23 candidaturas.

Esta tarde tivo lugar na Residencia Universitaria Abeiro de Lugo, no transcurso da festa de clausura da edición de 2015 do XuvenCiencia, a entrega do Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural que concede por segundo ano consecutivo o grupo Aresa.

A convocatoria xuntou 120 participantes, rapazas e rapaces de 16 e 17 anos de toda Galicia distribuídos en 23 grupos, que do 22 ao 26 de xuño, dentro do programa de actividades do Campus de Verán, levaron a cabo diversos proxectos científico-técnicos e científico-sociais baixo a dirección de profesores da Universidade.

As correspondentes presentacións en vídeo destes estudantes de 4.º da ESO e de 1.º de BAC fixéronse hoxe na Facultade de Veterinaria de Lugo ante un xurado integrado por Montserrat Valcárcel, en representación do XuvenCiencia; Miguel Ángel de Cesáreo, da Área TIC da Deputación Provincial de Lugo, e Carlota López, adxunta á presidencia de Aresa.

O fallo dos membros do xurado converteu en gañadoras do II Premio Aresa Júnior a María Calvo Ezara (Ames), Sabela Salgueiro García (Guitiriz), Karen Sara Colares Sena (Ribadeo) e Uxía Cosmed Peralejo (Vigo), autoras do proxecto “Mira ben por onde pisas!”. Trátase dunha análise do comportamento do terreo no que se asentan as obras de enxeñería; as rapazas tomaron mostras de chans areosos e arxilosos e sometéronas a distintas probas de resistencia para coñecer a súa resposta fronte a esforzos externos, cargas aplicadas ou cambios na humidade.

O premio, consistente nun diploma honorífico e nuns reloxos fitness, foille entregado en man ás galardoadas por Carlota López, quen valorou positivamente a iniciativa do XuvenCiencia coma un primeiro achegamento da mocidade ao mundo universitario.

 

ÁLBUM DE FOTOS 

 

A D.O.P. Queixo San Simón recolleu o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
20/02/2015

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa recibiu esta noite no Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. O presidente da entidade, Daniel Pérez Pérez, foi o encargado de recoller o galardón, dotado con 10.000 euros e unha praca conmemorativa.

A gala de entrega do premio, un acto que todos os anos reúne ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital, estivo presidida polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, acompañados na mesa pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e os membros do xurado deste ano José Manuel Andrade Calvo e Màrius Rubiralta Alcañiz.

Precisamente Rubiralta, que é director do Campus da Alimentación de Torribera, da Universidade de Barcelona, foi o encargado da lectura da lección maxistral ‘Desenvolvemento territorial e cohesión social a través do coñecemento agroalimentario e gastronómico’, coa que se iniciou o acto.

Este experto en alimentación fixo referencia á creación recente do Campus Terra facendo unha comparación entre a Universidade de Barcelona, á que pertence, e a de Santiago, “mediante la comparación entre estas dos regiones europeas con sus modelos de dieta característicos, la Dieta Mediterránea y la Dieta Atlántica;  dos universidades innovadoras, la UB y la USC, con dos proyectos de campus de especialización agroalimentaria TERRA y TORRIBERA, con dos comunidades agroalimentarias comprometidas”.

A entrega do galardón á Denominación de Orixe Protexida estivo a cargo do reitor e do presidente de Aresa. Este último destacou do gañador “su contribución a la mejora de la economía rural, transformando un producto del sector primario, como es la leche, y dándole un valor añadido a través de su elaboración y posterior comercialización”.

Explicou que un dos puntos que axudou ao xurado a optar por este candidato foi o feito de que once fábricas de queso situadas en un ámbito geográfico limitado se hayan puesto de acuerdo para la explotación conjunta de un producto que han conseguido prestigiar tanto, contradiciendo la opinión extendida de que los gallegos somos incapaces de asociarnos”.

A Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón agrupa a 11 queixerías cunha producción media anual de 400.000 kg, o que reduce os problemas asociados á comercialización de leite líquido á vez que xera un considerable valor engadido.

A zona de produción do leite apto para a elaboración destes queixos está constituída pola área xeográfica da Terra Chá, que engloba aos concellos de Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza. Trátase dunha zona cunha longa tradición na fabricación de queixos, onde o sector lácteo supón unha parte moi importante na economía da zona. Un sector lácteo composto fundamentalmente por gando vacún das razas Rubia Galega, Pardo-Alpina, Frisona e dos diversos cruces destas.

Esta D.O. contou co recoñecemento nacional e internacional da calidade do seu produto, recibindo numerosos premios. Recentemente foi recoñecido cunha medalla de prata e dúas de bronce nos premios World Cheese Awards. O labor desenvolvido coincide plenamente co obxectivo do premio xa que contribuíu de forma decisiva á mellora da economía rural da Terra Chá da provincia de Lugo.

Pola súa banda, o reitor da USC, que pechou o acto, explicou que “falar de desenvolvemento rural é falar de futuro”. Así, logo de destacar o compromiso da institución académica coa sociedade, Juan Viaño referiuse ao proxecto de Campus Terra como unha estratexia a través da que a USC pretende crear en Lugo o clima necesario para que todos os profesionais que desexen traballar sobre calquera aspecto ligado ao ámbito agroalimentario teñan as ferramentas, os compañeiros e as posibilidades necesarias para lograr importantes avances no día a día. Este proxecto de especialización do campus de Lugo pretende crear un novo modelo de formación integral onde a investigación e a docencia vaian da man, dixo.

Como sempre, ao finalizar o acto, serviuse un viño de honra, no que participaron todos os invitados, que un ano máis, encheron este magnífico foro universitario.

Outras candidaturas

Nesta XV edición se preseleccionaron nove candidaturas, entre as que se atopaban tres empresas, tres traballos de investigación, dúas asociacións e unha cooperativa. Dúas delas preferiron manterse no anonimato.

Casa Grande de Xanceda foi unha das finalistas, que disputou o primeiro premio ata o último momento. Creada en 2002, trátase dunha granxa familiar de vacas que producen leite ecolóxica. Ten unha fábrica de iogures e quesos e outros produtos lácteos ecolóxicos que comercializan baixo a súa propia marca. Conta con 380 vacas e 200 hectáreas de pastos en Mesía, na provincia da Coruña. Actualmente, conta con 30 traballadores e produce 2,5 millóns de iogures ao ano. A visitan 15.000 persoas ao ano y é moi activa nas redes sociais.

Entre os candidatos presentados figura tamén a empresa Pablo Núñez Torrijo, que se dedica á producción e comercialización de produtos agrícolas seguindo os métodos tradicionais e ecolóxicos en Pedrafita do Cebreiro.

Vicogalo é unha sociedade cooperativa produtora de Galo Celta. Naceu no 2011 co obxectivo de asociar aos produtores inscritos no rexistro galego de explotacións de avicultura artesanal para garantir unha produción de Galo Celta para ser competitivos no mercado.

Afammer Galicia (Asociación de familias e Mulleres do Medio Rural de Galicia) é outra das finalistas. Esta asociación foi creada no 2001 e está presente nas catro provincias galegas. O seu obxectivo é promover a mellora e defensa da vida económica, social e cultural das mulleres rurais con actividades.

Tamén se presentaron tres proxectos de investigación: Un estudo de viabilidade da producción de semilla pratense por parte de Delagro Sociedad Cooperativa, a cargo de Adrián Varela Pérez; o de Ramón Fuentes Colmeiro, que propón un modelo de explotación agrícola sostible, e o de Iolanda Otero Barroso, que investiga un sistema de control dos cultivos durante todas as súas fases de desenvolvemento.

A gala de entrega do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural terá lugar o 20 de febreiro
10/02/2015

O día 20 de febreiro é a data escollida para a celebración da gala de entrega do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural á Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa, tal e como acordou o xurado desta edición no pasado mes de decembro.

Como noutras ocasións, o acto de entrega terá lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo a partir das 20.00 horas.  Estará presidido polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e nel participarán diferentes autoridades galegas.

Ademais do acto de entrega do galardón, os asistentes poderán escoitar a conferencia que ofrecerá Màrius Rubiralta Alcañiz, director do Campus da Alimentación de Torribera, da Universidade de Barcelona, e que foi membro do xurado do Premio desta edición. A ponencia levará o título ‘Desenvolvemento territorial e cohesión social a través do coñecemento agroalimentario e gastronómico’.

Como sempre, ao finalizar o acto, servirase un viño de honra, no que estarán invitados a participar todos os asistentes. A entrega do Premio Aresa é un dos actos máis importantes de Lugo e reúne ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital. De feito, todos os anos complétase o aforo deste marco universitario.

O gañador desta edición, que recibirá 10.000 euros e unha praca conmemorativa, foi elexido entre outros nove semifinalistas entre os que se atopaban tres empresas, tres traballos de investigación, dúas asociacións e unha cooperativa.

A Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón agrupa a 11 queixerías cunha producción media anual de 400.000 kg, o que reduce os problemas asociados á comercialización de leite líquido á vez que xera un considerable valor engadido.

A zona de produción do leite apto para a elaboración destes queixos está constituída pola área xeográfica da Terra Chá, que engloba aos concellos de Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza. Trátase dunha zona cunha longa tradición na fabricación de queixos, onde o sector lácteo supón unha parte moi importante na economía da zona. Un sector lácteo composto fundamentalmente por gando vacún das razas Rubia Galega, Pardo-Alpina, Frisona e dos diversos cruces destas.

Esta D.O. contou co recoñecemento nacional e internacional da calidade do seu produto, recibindo numerosos premios. Recentemente foi recoñecido cunha medalla de prata e dúas de bronce nos premios World Cheese Awards. O labor desenvolvido coincide plenamente co obxectivo do premio xa que contribuíu de forma decisiva a mellora da economía rural da Terra Chá da provincia de Lugo.

En cumplimiento de la Ley 34/2002 de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio electrónico (LSSI-CE) , ofrecemos a nuestros clientes, usuarios y visitantes en general la siguiente información:

El titular del sitio www.premioaresa.com es Álvaro Rodríguez Eiras SL con CIF B27015304, con domicilio social en Avda. Madrid, 187, 27002 Lugo.

Para contactar puede hacerlo a través de los teléfonos o correo electrónicos que aparecen en la sección Contacto.

Protección de Datos
Los datos recibidos solo serán archivados si la reserva es firme,  pueden ser utilizados para hacerle llegar futuras promociones y ofertas.

En cumplimiento de la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Caracter Personal, podrá en todo momento ejercer derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición, comunicándolo a la dirección arriba indicada.

TRATAMIENTO DE LOS DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Álvaro Rodríguez Eiras, S.L., inscrita en el Registro Mercantil de Lugo, Folio 234, Tomo 68, Libro 19 de Sociedades Limitadas, Hoja 1342, de nacionalidad española con CIF: B27015304 y domicilio social en Avenida de Madrid, 187 Bajo, 27002 Lugo, es la titular del web site www.aresa-agricola.com.

De acuerdo con la normativa vigente en materia de protección de datos así como en materia de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, el usuario acepta que los datos personales aportados en el momento de su registro, o cualquier otro facilitado a Álvaro Rodríguez Eiras, S.L.  para su acceso a algunos de los servicios del web site, sean incorporados a ficheros titularidad de esta empresa, con la finalidad de facilitar la prestación de los servicios solicitados, para la correcta identificación de los usuarios que solicitan servicios personalizados en www.aresa-agricola.com, para la realización de estudios estadísticos de los usuarios registrados en www.aresa-agricola.com, que permitan diseñar mejoras en los servicios prestados, para la gestión de tareas básicas de administración, así como para mantenerle informado, bien por correo electrónico bien por cualquier otro medio, de novedades, productos y servicios relacionados con Álvaro Rodríguez Eiras, S.L.,  o con terceras empresas colaboradoras. En el caso de comunicaciones comerciales a través de correo electrónico o medio equivalente, el usuario presta su consentimiento expreso para el envío de publicidad a través de dicho medio. Asimismo, el usuario presta su consentimiento para que Álvaro Rodríguez Eiras, S.L. ceda sus datos  al resto de empresas colaboradoras, con la única finalidad de mejorar la prestación de los servicios pactados, respetando, en todo caso, la legislación española sobre protección de los datos de carácter personal.

Álvaro Rodríguez Eiras, S.L. se compromete al cumplimiento de su obligación de secreto de los datos de carácter personal y de su deber de tratarlos con confidencialidad, y asume, a estos efectos, las medidas de índole técnica, organizativa y de seguridad necesarias para evitar su alteración, pérdida, tratamiento o acceso no autorizado, de acuerdo con lo establecido en la Ley Orgánica 15/1999 de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y demás legislación aplicable.

El usuario responderá, en cualquier caso, de la veracidad de los datos facilitados, reservándose Álvaro Rodríguez Eiras, S.L. el derecho a excluir de los servicios registrados a todo usuario que haya facilitado datos falsos, sin perjuicio de las demás acciones que procedan en Derecho.

Cualquier usuario registrado puede en cualquier momento ejercer el derecho a acceder, rectificar y, en su caso, cancelar sus datos de carácter personal suministrados, mediante petición escrita dirigida a Álvaro Rodríguez Eiras, S.L., Avenida de Madrid, 187 Bajo, 27002 Lugo.