Convocatoria 2015

 

O grupo Agroamb

Agroamb, con sede na Ponte de Outeiro (Castro de Rei), foi o primeiro xestor en Galicia en ser autorizado pola Administración para o uso de residuos orgánicos na agricultura e en converterse na empresa líder desta actividade. Ademais, deu lugar a 38 postos de traballo directos e máis de 150 indirectos, e diversificouse coa creación de novas iniciativas empresariais en torno á explotación en común da terra, a prestación de servizos agrícolas ou a loxística con contedores.  

Outro dos aspectos valorados foi a súa especial contribución a xerar riqueza nos ámbitos agrícola e gandeiro, procesando e reciclando máis de 250.000 toneladas ao ano de residuos.

Por último, o xurado tivo en conta a súa internacionalización, iniciada coa implantación dunha oficina comercial no Paraguai, e o seu investimento en investigación, en colaboración coas universidades galegas.