O PRAZO PARA CONCORRER AO XVII PREMIO ARESA REMATA EN 15 DÍAS
14/10/2016

O vindeiro 28 de outubro Aresa e a USC pecharemos a inscrición na edición de 2016 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.  

O galardón, dotado con 10.000 euros, está dirixido a entidades, empresas, grupos de investigación ou persoas cuxas iniciativas contribúan á mellora da economía rural galega. Estas poden ser de tres tipos: proxectos de actividade empresarial, actividades empresariais innovadoras e traballos de I+D+i.

Os aspirantes deberán entregar as súas propostas, xunto coa documentación pertinente, nos rexistros dos campus universitarios de Lugo (no edificio da Biblioteca Intercentros) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 h do día 28 deste mes.

Un xurado profesional analizará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora en decembro.

Ata a convocatoria actual foron merecedores desta distinción Novafrigsa, o catedrático Javier Guitián, a Aula de Productos Lácteos, o ex-director xeral de Agricultura da Comisión Europea Xosé Manuel Silva Rodríguez, a IXP Ternera Gallega, os programas de televisión “O Agro” e “Labranza”, a DO Ribeira Sacra, a queixería Casa Macán, a Facultade de Veterinaria de Lugo, o grupo Ingapan, Acruga, a SAT Monte de Trabada, Champivil, Alibós Galicia, a DO San Simón da Costa e Agroamb.

BASES