ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTARSE AO PREMIO ARESA
26/10/2016

Este venres ás 14.00 h remata o prazo de inscrición no Premio Aresa de Desenvolvemento Rural que convocamos xunto coa USC. Ata esa data os aspirantes poden entregar as candidaturas nos rexistros dos campus universitarios de Lugo e Santiago de Compostela.   

O galardón, dotado con 10.000 euros, está dirixido a entidades, empresas, grupos de investigación ou persoas cuxas iniciativas contribúan á mellora do medio rural galego. Estas poden ser de tres tipos: proxectos de actividade empresarial, actividades empresariais innovadoras e traballos de I+D+i. As bases poden consultarse na web www.premioaresa.com.

Un xurado profesional analizará todas as propostas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora en decembro.

Ata a convocatoria actual foron merecedores desta distinción Novafrigsa, o catedrático Javier Guitián, a Aula de Produtos Lácteos, o ex-director xeral de Agricultura da Comisión Europea José Manuel Silva Rodríguez, a IXP Ternera Gallega, os programas de televisión “O Agro” e “Labranza”, a DO Ribeira Sacra, a queixería Casa Macán, a Facultade de Veterinaria de Lugo, o grupo Ingapan, Acruga, a SAT Monte de Trabada, Champivil, Alibós Galicia, a DO San Simón da Costa e Agroamb.

BASES