O XVIII Premio Aresa decidirase entre un total de 14 candidaturas
14/11/2017

 
A edición de 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, conta cun total de 14 candidaturas entre empresas, asociacións e traballos de I+D+i vinculados ao medio rural.

Tras rematar o prazo para a presentación de propostas a finais do mes de outubro, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela presenta os catorce  candidatos a conseguir o galardón deste ano.

     1)   Kalekói

2)   Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia.

3)   Adega Algueira

4)   Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)

5)   Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

6)   Asociación de Criadores de Raza Porco Celta (ASOPORCEL)

7)   Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo

8)   Hortícolas Javier Miranda

9)   Finca Villadangos

10) Traballo de I+D+i : Optimización do proceso de fermentación de mostos de uvas de mesa brancas e tintas con gránulos de kéfir para a produción de bebidas funcionais. Presentado por Nelson Pérez Guerra e José Manuel Domínguez González, profesores do departamento de Química Analítica e Alimentaria da Facultade de Ciencias de Ourense. UVigo

11) Vinagres do Ribeiro

12) Traballo de I+D+i : Elaboración de aceites monovarietais de sementes de vide, procedentes de residuos vitivinícolas industriais das variedades brancas de albariño, caíño branco e loureira. Presentado polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)

13) Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo

14) Candidatura que solicita o anonimato da súa participación

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

Será un xurado especializado o que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora no vindeiro mes de decembro. O Premio Aresa 2017 está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros.