Aresa patrocina un ano máis o campus de verán Xuvenciencia de Lugo
30/04/2019

 

Foto: Campus Terra USC

A sétima edición do campus de verán Xuvenciencia de Lugo terá lugar do 1 ao 5 de xullo. Cunha oferta de 150 prazas, 100 para alumnos novos e 50 para veteranos, está dirixido a estudantes de 4.º de ESO e BAC e o prazo de inscrición permanecerá aberto desde este venres 3 de maio, ás 15:30 horas, ata o vindeiro 12 de maio, ás 24:00 horas, na páxina web:

http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/  

Carlota López, adxunta á presidencia de Aresa, estivo na presentación do campus como empresa patrocinadora do mesmo.

Así recolle a noticia hoxe a web do Campus Terra.